Ir a la página principal
Directorio de Empresas de Empleo

CANDIDATOS
 Insertar currículo
Menú privado
Buscador de ofertas
Empresas colaboradoras
Formación
Noticias
EMPRESAS
Alta de empresa Gratis!
Menú privado
Servizos e tarifas
Servizos a empresas
Noticias
RECURSOS
E-learning
¿Quen somos?
Consellos laborais.
Tests psicotécnicos !!
Preguntas frecuentes
Recoméndanos
Contacto
Axenda Cultural
 A carta de presentación. 

A carta de presentación


O seu obxectivo principal é suscitar o interese da persoa que vai recibir o currículo para que o lea con atención e te propoña unha entrevista personal. Lembra ca carta de presentación está sempre "feita a medida" en función da empresa e o posto que solicitas. Pon especial coidado na súa redacción, xa que para moitos responsables de selección pode ter máis importancia mesmo co propio currículo.


O primeiro parágrafo serve para introducir o obxeto da carta. Desde a primeira frase tes que captar o interese do lector, para o que deberás empregar un estilo agradable, directo e dinámico, mencionando datos concretos.


No segundo parágrafo cabe explicar as razóns polas que escolleches esta empresa ou sector de actividade, destacando a adecuación existente entre as túas capacidades, preparación e experiencia requeridas pola empresa en cuestión. Inicia neste momento unha argumentación explicando os motivos que xustifican unha entrevista. Fai referencia a teu C.V. sin copialo.


No tercer parágrafo insistirás no teu interese por traballar nesta empresa e o importante que é para ti obter unha entrevista, asegurándote a futura comunicación coa empresa.


Podes rematala empregando as fórmulas de cortesía habituales. Podes ser directo, sin ser familiar


 


RECOMENDACIÓNS



  • Evita as siglas e abreviaturas.
  • Escribe os nomes propios completos.
  • Evita as frases que comezen por "eu".
  • Evita as adulacións.
  • As expresións de gratitude non deben ser exaseradas.
  • Non deixes pasar ningunha falta de ortografía.
  • Escribe frases curtas.
  • Túa carta de presentación debe ser personal, clara e concisa, sen exceder dunha páxina.
  • Debe estar escrita a máquina ou ordenador (a non ser que cha pidan manuscrita), no mesmo papel e cos mesmos caracteres co teu currículo.
  • Debes incluir o teu nome e apelidos completos, dirección postal, teléfonos de contacto e, si dispós dela, a dirección de correo electrónico.
  • Debe ir dirixida á persoa que ten poder de contratación.
  • Comprobarás co nome e apelidos completo do destinatario estean perfectamente escritos, e indicar sempre o posto ou posición que ocupa.
  • A carta non se debe fotocopiar e debe ir datada e asinada.
  • Non se grapa nunca a carta de presentación ó currículo vitae.
  • Non se adxuntan os títulos nin as cartas de recomendación, a non ser que chos pidan, e no seu caso, sempre deben seleccionarse en función das necesidades do destinatario.
  • O sobre irá personalizado (identidade do destinatario: nome, cargo, empresa, dirección completa) e na esquina superior esquerda poderase indicar "personal" e/ou "confidencial".
« Voltar
 
2010 GaliciaEmpleo.net
Versión en español    |   Aviso Legal   |   Privacidade |   Mapa   |   Contacto   |