A entrevista
Independentemente do tipo de entrevista, existen unha serie de pasos comúns a todas elas:
- Primeira avaluación: O desenvolvemento da mesma incluirá seguramente unha primeira avaluación dos teus coñecementos, comprobando o teu itinerario académico, o porqué da túa elección, así como o grao de satisfacción acadado e os teus proxectos de estudio futuros, de habelos.
- Traxectoria profesional: Seguidamente abordaránse as cuestións relacionadas coa túa traxectoria profesional ata o momento, as prácticas que poideras realizar, os contratos que poideras ter, as funcións que desempeñaches, etc. Trata de falar sobre resultados específicos en lugar de limitarte a describir as túas experiencias laborais.
- Motivación: Ademáis, durante a entrevista o/os interlocutor/es da empresa tratarán de pronosticar o teu rendemento potencial na mesma, valorando o grao de motivación. En ocasións, unha boa motivación pode subsanar deficiencias de formación ou experiencia.
- Autoavaliación: Por último, para pechar a entrevista, seguramente te pidan realizar unha autoavaliación, para que reflexiones sobre os teus puntos fortes e febles, coa intención de establecer o teu grao de coñecemento e satisfacción personal, a sinceridade, nivel de seguridade e de confianza en ti mesmo.
É importante que acudas á entrevista coas ideas claras sobre os teus obxectivos profesionais, de xeito que saibas explicar os fundamentos da túa elección, por qué escolleches solicitar un posto nesa empresa e non noutra, por qué queres desenvolver a túa carreira nunha pyme ou nunha gran empresa, ou por exemplo, por qué formándote como avogado, queres dedicarte á empresa e non ó exercicio libre da profesión.
As empresas valorarán moito o feito de que vaias informado sobre as súas actividades, directivos, productos e marcas, os seus competidores ou clientes, algo que poderás preparar recopilando información en prensa, en Internet ou solicitando información directamente á propia empresa.
As preguntas máis habituais nunha entrevista, é dicir, aquelas que debes preparar para contestar de forma lóxica e ordenada, son:
- ¿Cómo soubo de nós?
- ¿Qué sabe da nosa empresa e qué aspectos lle gustaría coñecer en maior profundidade?
- ¿Por qué quere traballar con nós?
- ¿Qué espera deste posto de traballo?
- ¿Por qué escolleu este sector de actividade para desenvolver a súa carreira profesional?
- ¿Qué cre que podemos aportarlle profesionalmente?
- ¿Qué pode aportarnos a nós?
- ¿Qué salario quere percibir?
- ¿Estaría disposto a viaxar ou a trasladarse a outro lugar?
- ¿Cáles son os seus obxectivos profesionais a medio/longo prazo?
- ¿Prefire traballar en equipo ou individualmente? ¿Por qué?
- ¿Qué é para vostede o máis importante dun emprego?
- Fáleme da súa carreira
- ¿Pensa continuar estudiando?
- ¿Cómo se defende en inglés/francés?
- ¿Cáles son os seus puntos fortes e os seus puntos febles?
- ¿Cál é a súa mellor cualidade e o seu peor defecto?
- ¿Cáles foron as seus éxitos ou realizacións máis destacados?
- ¿A qué dedica o seu tempo libre?
- ¿Qué espera vostede da vida?
- ¿Ten algunha pregunta?
As preguntas que ti fagas ó entrevistador deberán estar relacionadas dalgún xeito coa empresa e o posto a cubrir. A cotio, as preguntas que formules serán máis importantes para o entrevistador cas que el te faga a ti.
Cando acudas á entrevista:
- Asegúrate do lugar e da hora da mesma, así como do nome do entrevistador;
- Sé puntual. Si por algunha razón de peso sabes que vas chegar tarde, comunícallo canto antes á persoa que te vai entrevistar;
- Coida a indumentaria e hixiene persoal. Viste de maneira correcta, de acordo coa túa personalidade, pero sin ser demasiado informal ou extravagante;
- Leva dúas ou tres copias do CV. e asegúrate de que poderás xustificar tódolos elementos do mesmo;
Durante a entrevista:
- Saúda á persona que te vai entrevistar polo seu nome, mirándolle ós ollos, e apertándolle a man;
- Dá unha imaxen de naturalidade e confianza en ti mesmo ó entrar ó despacho do entrevistador. Adopta unha postura relaxada, sin exaserar;
- Coida a túa comunicación non-verbal. Procura non manifestar timidez, tensión, nerviosismo, agresividade, impaciencia ou dúbidas;
- Abstente de fumar aínda que sexas fumador e cho ofrezan;
- Mantén a atención en todo momento. Un aparente desinterese nalgún momento da entrevista pódese asociar ó posto de traballo e mesmo á propia empresa;
- Convence ó teu interlocutor das túas cualidades e amósalle o teu interese e entusiasmo por traballar na súa empresa;
- Lembra que na primeira entrevista, o máis importante é o posto de traballo ó que queres acceder e non o salario, nin as vacacións e permisos;
Agora ben, ¿qué actitudes debemos adoptar e cáles debemos evitar nunha entrevista? Podemos resumilo en 12 puntos:
- Sé natural, no convén parecer forzado, porque máis tarde ou máis cedo saberase cómo somos e pode ser contraproducente;
- Sé sinceiro, eso provocará confianza no interlocutor;
- Sé breve e conciso de xeito que se entenda con claridade o que expoñemos;
- Contesta á pregunta que se nos fai, e non divagar ou "sairnos polos cerros de Úbeda";
- Si non sabes algo, dio, non é ningún delito non sabelo todo;
- Ante preguntas comprometidas compórtate de forma natural e si cres que non tes a obriga de respostar exprésallo educadamente e explica por qué o fas;
- Mira ós ollos ó entrevistador, infundiraslle máis confianza e credibilidade;
- Non fagas ostentación e prodiga humildade, xa terás tempo de amosar o que vales e o que eres;
- Coida a presencia, aseo e vestido;
- Controla o movemento das mans ó expresarte e lembra cos movementos amplos denotan menos nerviosismo cos curtos e repetidos;
- Sé educado, é unha das claves da convivencia e esta é importantísima na vida interna dunha empresa;
- Pregunta o que se espera de ti na empresa, amosa interese polo posto e a proxección que ofrece a compañía.
|