Ir a la página principal
Directorio de Empresas de Empleo

CANDIDATOS
 Insertar currículo
Menú privado
Buscador de ofertas
Empresas colaboradoras
Formación
Noticias
EMPRESAS
Alta de empresa Gratis!
Menú privado
Servizos e tarifas
Servizos a empresas
Noticias
RECURSOS
E-learning
¿Quen somos?
Consellos laborais.
Tests psicotécnicos !!
Preguntas frecuentes
Recoméndanos
Contacto
Axenda Cultural
 O autoemprego. 

 


Enténdese por autoemprego toda actividade laboral xerada polo suxeito que a exerce de xeito directo; isto é, por aquelas persoas que traballan en unidades económicas da sua propiedade, que as dirixen e que obteñen ingresos das mesmas, persoas que teñen iniciativa empresarial dabondo como para crear a sua propia empresa, sexa grande ou pequena. No autoemprego atópanse diversas categorías profesionais: empresarios sin asalariados, membros de cooperativas e axudas familiares.


Para optar polo autoemprego é preciso deseñar un plan de empresa, é dicir, definir claramente cál vai ser a nosa empresa, qué medios imos precisar para poñela en marcha e todo-los aspectos existentes entre o intre no que a nosa empresa é só unha idea ata que está funcionando.


Debémonos informar das formas xurídicas de constitución e trámites legais da sua posta en marcha, así como das axudas e subvencións para a creación de empresas.


A idea inicial xurde como consecuencia da detección dunha oportunidade de negocio pero ¿ónde podes atopar ideas para a tua empresa?


·        Experiencia profesional previa


·        Estudos


·        Hobbies/aficións


·        Habilidades


·        Detección de necesidades do mercado ou das suas deficiencias


·        Trocos de mercado


·        Novas tendencias de consumidores


·        Inventos/novos xeitos de traballar


Outro elemento a ter en conta é a innovación:  significa que a túa empresa sexa innovadora, que teñas un proxecto innovador. Nembargantes, lembra que non tes por qué inventar nada novo. En moitos casos, con aplicar a tua experiencia/xeito de traballo ou desenvolver o teu proxecto nun determinado mercado, a tua empresa pode ser viable.


Unha vez atopada a idea, o paso seguinte é traballar coa mesma, darlle forma ao noso proxecto de empresa e evalua-lo. A ferramenta que utilizaremos é a realización do plan de empresa. Mediante o mesmo, poderemonos asegurar de que a nosa idea pode sair adiante, realizar trocos no noso proxecto, reorienta-lo ou incluso propoñer-o ou descarta-lo. A realización do plano de empresa supón plasmar sobre o papel, de xeito ordeado, todo aquelo que temos na cabeza. Lembra, ademáis, que o plano de empresa ten unha dobre finalidade:


·        Reflexioar sobre o proxecto empresarial


·        Dispoñer dunha carta de presentación a terceiros (bancos, institucións, novos socios, etc.)


Non hai un único xeito de redacta-lo, pero sí uns contidos mínimos:


·        Presentación da empresa e do emprendedor


·        Definición par producto/mercado


·        Plano de marketing


·        Plano de operacións


·        Organización e recursos humáns


·        Plan económico e financeiro


·        Aspectos formais da empresa


·        Valoración final


Debes ter en conta, ademáis, que o plano de empresa debe ser breve, redactarse nunha linguaxe clara e concisa e incluirse só aspectos que aporten información de utilidade. A presentación do mesmo debe estar cuidada. Lembra que é a tua carta de presentación.


 


¿Quén pode axudarte?


            En cada administración desenvolverónse numerosos organismos que colaboran contigo evaluando os plans de empresa e orientando sobre o futuro e a viabilidade de cada unha das ideas. Tamén hai, organismos públicos e privados que sacan a concurso público anualmente diferentes convocatorias de subvencións, créditos ou axudas á creación de novas empresas. A creación de empresas é unha vía de futuro que permite canalizar ideas e esforzos de moitas persoas dispostas a traballar por unha idea propia.


            Unha páxina que pode resultar de interese é a páxina web do IGAPE, ademáis das páxinas de cada comunidade autónoma.

« Voltar
 
2010 GaliciaEmpleo.net
Versión en español    |   Aviso Legal   |   Privacidade |   Mapa   |   Contacto   |