|
Se o noso non son os negocios e preferimos traballar para outros podemos dirixirnos a diferentes lugares para procurar un traballo:
· Ao INEM: alí cubrimos unha ficha cos nosos datos personais e perfil profesional e eles son os encargados de avisarnos da existencia de algunha oferta acorde co noso currículo. Ademáis, no INEM podémonos informar de diferentes axudas, subvencións, cursos do Plan FIP, etc.
· A empresas de selección de persoal: en moitas ocasións as empresas contratan a consultoras ou empresas de selección de persoal para que atopen os candidatos idóneos ó posto. Pra isto, a empresa presenta o perfil desexado e a consultora encargase de reclutar á xente, pasarlle probas de selección, preselecciona-la e, en último término, presentar un informe dos mellores candidatos á empresa demandante, encargada de facer a última entrevista e a selección definitiva.
· Empresas de traballo temporal (ETT´s): son empresas privadas que facilitan empleos temporais contratando traballadores para ceder os seus servicios a outras empresas. Os nomes e enderezos das principais ETT´s de España as podes atopar nas Páxinas Amarelas no apartado “Empresas de Traballo Temporal”, no rexistro do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais ou en Internet como ETT.
· Colexios profesionais: os colexios oficiais son agrupacións formadas por individuos dunha mesma profisión. A maioría deles teñen bolsas de traballo e informan-te de ofertas que surxan no teu sector e ás que podes optar. Normalmente, as empresas consultoras acoden ós colexios profesionais na procura de candidatos específicos.
· Contactos persoais: utiliza ós teus coñecidos ou ós coñecidos da xente que che rodea pra te axudaren a buscar un traballo. Pero debes ter moi claro o que estás buscando porque é o único xeito de que eles che poidan axudar.
· Anuncios na prensa: a maioría dos xornais de tirada nacional publican ofertas de traballo nas súas páxinas, sobre todo na edición dominical. Tamén algúns programas de radio locais ou algunha canle de televisión local o fan. Estas ofertas normalmente respóndense enviando o currículo e a carta de presentación ó enderezo indicado na oferta, ou por teléfono para concertar una cita. As ofertas de emprego en prensa constan de:
o A empresa que ofrece o traballo
o A ocupación concreta que se oferta
o Os requisitos do candidato: nivel de estudos, coñecementos e experiencia
o Condicións de traballo, responsabilidades, lugar de traballo, horario, etc.
· Outros lugares:
o Axencias de colocación sen fins lucrativos: ademáis das oficinas de emprego, tamén podes realizar a tua demanda de emprego nas axencias de colocación. Neste caso deberás aboar unha cantidade polos servizos prestados cuio importe limítase aos gastos ocasionados. Para te informares das direccións, pregunta na túa oficína de emprego ou a través da web do INEM (www.inem.es)
o Asociacións profesionais e sindicatos: se estás afiliado poden facilitarte información de utilidade pra atopar o traballo que ti queres
o Cámaras de comercio: podes atopar a información en www.camerdata.es
· Tamén podes ofrecer os teus servizos directamente:
o Localizando empresas a través de anuarios empresariais, cámaras de comercio, colexios profesionais, páxinas amarelas, etc.
o Enviando cartas e CV á persoa que, en cada empresa, teña responsabilidades de contratación ou selección
o Movilizando a tódo-los contactos persoais posibles
|