|
As Axencias de colocación son entidades que colaboran cos Servizos Públicos de Emprego na intermediación no mercado de traballo, co fin de axudar ós traballadores a atopar un emprego e ós empregadores á contratación dos traballadores axeitados para satisfacer as suas necesidades.
Poden crear unha Axencia de Colocación as personas físicas ou xurídicas, calquera que sexa a sua natureza, que actúen sen fins lucrativos.
As condicións pra crear unha Axencia de Colocación son:
· Garantir o principio de igualdade no acceso ó emprego, no seu ámbito de actuación
· Limitar seu ámbito de actuación ó determinado no correspondente convenio de colaboración
· Non subcontratar con terceiros os servizos obxecto da autorización concedida
· Estar autorizada polo Servizo Público de Emprego Estatal ou Servizo Público de Emprego Autonómico correspondente
· Levar unha contabilidade separada e ter conta bancaria independente e exclusiva para tódolos gastos e ingresos derivados da súa actividade
As axencias de colocación poden recibir remuneración do empresario e/ou do traballador polos servizos que ésta lles preste. Consideranse servizos prestados a oferta ou presentación ós empregadores dos traballadores solicitados polos mesmos, sempre que ditos traballadores se axeiten ó perfil profesional dos postos de traballo a cubrir, existentes nas empresas.
As obligacións dunha Axencia de Colocación son remitir ó Servizo Público de Emprego Estatal ou Servizo Público de Emprego Autonómico correspondente datos sobre:
· Demandas de emprego:
o Altas e baixas dos solicitantes de emprego
· Ofertas de emprego:
o Traballadores enviados a ofertas
o Traballadores que declinasen presentarse
o Traballadores que rexeitasen un posto de traballo con exposición dos motivos
o Traballadores que fosen rexeitados pola empresa, con causa do rexeitamento
o Traballadores contratados
|