Gestión de CV y ofertas de empleo - Menú privado
 
Bolsa de Emprego.
Colexio de Educadoras/es Sociais de Galicia.
Como colexiado/a do CEESG poderás acceder ás ofertas de emprego de Educación Social que as empresas oferten a través desta web. Cando se publique unha oferta, poderás recibir no teu e-mail unha notificación e poderás inscribirte nas ofertas de forma moi sinxela.

Para utilizar este servizo, debes seguir o seguinte procedemento, na opción Insertar CV:
  • Autorizar a cesión de datos (DNI e nº de colexiado/a) a GaliciaEmpleo.net.
  • Esta autorización faise cubrindo un formulario web ao que terás acceso a través da sección “Insertar CV”. En menos de 24 horas (días laborables) recibirás vía e-mail un aviso confirmando a cesión. En canto GaliciaEmpleo.net xestione o teu acceso poderás usar o servizo de bolsa de emprego (pode tardar varios días).

  • Cubrir o formulario de alta de candidato/a.
  • Este paso é necesario para o uso do servizo.
Se xa estás rexistrado/a en GaliciaEmpleo.net, debes cubrir os datos solicitados na primeira pantalla que aparece na sección Insertar CV da Bolsa de Emprego da nosa web, indicando o mesmo e-mail e contrasinal que empregas para acceder como usuario/a da web GaliciaEmpleo.net.

Unha vez feito isto, ao pasar á seguinte pantalla, haberá unha opción que che permite asociar os teus datos e curriculum de GaliciaEmpleo.net co teu nº de colexiado/a. Deste xeito non terás que volver introducir todos os demáis datos.

Se non estás rexistrado/a en GaliciaEmpleo.net, debes cubrir todos os datos solicitados como obrigatorios en todas as pantallas de rexistro.

Feito isto, xa poderás inscribirte nas ofertas e consultar o teu menú privado.

 


COLEXIO DE EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA
R/ Gomez Ulla 7 – 3º 15702- Santiago
Tfno: 981 552206 Fax: 981 938274
Política de Protección de Datos